Libraría

Encontro coas escritoras Uxue Alberdi, Eli Ríos e Miren Amuriza na Libraría NUMAX

O xoves 20 de xullo ás 20h00 acolleremos na Libraría NUMAX ás escritoras vascas Uxue Alberdi e Miren Amuriza xunto á escritora galega Eli Ríos. As autoras de La trastienda, Basa e Lunes, todas con obras publicadas en consonni, terán un encontro que porán en común as súas novelas. A entrada é libre ata completar aforo.

Miren Amuriza Plaza (Berriz, 1990) estudiou Filoloxía Vasca e posteriormente especializouse en Literatura Infantil e Xuvenil. Colaborou con diversos medios da prensa escrita e publicou varios libros infatiles. Basa é a súa primeira novela (premio Igartza Saria 2017, Premio Siete Calles 2019). Compaxina a escritura co bertsolarismo.

Uxue Alberdi (Elgoibar, 1984). Escritora e bertsolari. É autora dos libros de relatos Aulki bat elurretan, Elkar, 2007; Euli-giro, Susa, 2013; dúas novelas Aulki-jokoa, Elkar, 2009; Jenisjoplin, Susa, 2017 (Premio 111 Akademia); un ensaio Kontrako eztarritik, Lisipe-Susa, 2019 (Premio Euskadi); e unha crónica literaria Dendaostekoak, Susa, 2020. Tamén publicou varios títulos de literatura infantil, os álbums Poza y Besarkada (Premio Euskadi 2016), entre outros.

Eli Ríos. Poeta, novelista, escritora de Literatura Infantil e Xuvenil, ensaio e integrante da Plataforma de Crítica Literaria A Sega. Recibiu varios premios como o Premio Modesto R. Figueiredo pola súa novela Remexido de patacas, o Premio Pura e Dora Vázquez pola obra xuvenil Bicha ou o Premio de Poesía Gonzalo López Abente por Culpable. Lunes, novela publicada orixinalmente en galego como Luns, recibiu o Premio Torrente Ballester.