O escritor Juan Carlos Galindo presenta «Hontoria» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acollerá o venres 20 de outubro ás 20:00h a presentación da novela negra de Juan Carlos Galindo, «Hontoria», editada por Salamandra. O autor estará acompañado polo escritor Diego Ameixeiras. A entrada é libre ata completar aforo. Foto: Ana Portnoy.
Agosto de 2016: tres membros dunha familia morren brutalmente acoitelados na súa casa de Hontoria. Once meses despois, unha chamada telefónica leva o caso á vida do xornalista segoviano Jean Ezequiel. A base de horas de traballo, algunha fonte anónima e a axuda do seu círculo íntimo, Ezequiel irá achegándose á resolución do triplo crime e desenredando unha tupida maraña de silencios e intereses creados entre as altas esferas da sociedade segoviana. Mentres o éxito das súas exclusivas e as cifras de audiencias do seu podcast Pílulas Criminais van consolidando a súa carreira profesional, a súa contorna laboral e familiar verase sometido a fortes tensións.
Juan Carlos Galindo (Segovia, 1979) é redactor de El País, onde combina a dirección da sección de Pantallas con entrevistas e críticas no suplemento Babelia e a cobertura do mundo literario para Cultura. Desde 2010 escribe e coordina «Elemental», un blogue de novela negra. En setembro de 2022 empezou a súa andaina no faladoiro cultural de «La Brújula», en Onda Cero. Colaborador habitual de BCNegra, Hay Festival ou Quais du Polar de Lyon, a súa vida profesional xira arredor da literatura. Hontoria é a súa primeira novela, pero ten pensadas polo menos dúas máis.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Parthenope
VOSE