Cinema

NUMAX Distribución estrea LOS HONGOS o 4 de setembro en salas de toda España.

NUMAX Distribución estrearemos LOS HONGOS (Oscar Ruiz Navia, 2014) o vindeiro venres 4 de setembro en salas españolas. Amais, en colaboración co Festival WOSINC, teremos unha preestrea no Cinema NUMAX o mércores 2 de setembro ás 20:00, ao que as persoas abonadas ao festival poderán asistir con tarifa reducida.

O filme conta a vida en Cali (Colombia) de Calvin e Ras, os dous adolescentes protagonistas:

«Cada noite, após o traballo na construción, Ras pinta grafitis en distintos muros do seu barrio, ao leste de Cali. Non volveu durmir e xa comeza a soñar esperto. Un día perde o seu traballo por roubar uns baldes de pintura que empregaba nun enorme mural. Sen un can no peto, cruza a cidade na procura de Calvin, outro mozo grafiteiro qu eestuda Belas Artes e coida da súa avoa. Os dous andarán ao pairo pola cidade e no camiño, coma dous fungos, contaminarán o seu entorno dunha enorme liberdade»

LOS HONGOS recibiu numerosos premios antes de se estrear en Francia o pasado 27 de maio cunha grande acollida de público e crítica, e pertence a unha nova xeración de cineastas colombianos que comeza a destacar no panorama internacional. O coguionista e asistente de dirección de LOS HONGOS, César Acevedo, vén amais de ganar a Caméra d'Or na última edición do Festival de Cannes 2015 polo seu filme LA TIERRA Y LA SOMBRA.

A seguir, achegamos unha relación de destacados das crtíticas publicadas e dos festivais e premios que acadou o filme ultimamente:

"Arriesgada, innovadora, Óscar Ruíz Navia es la gran promesa del cine colombiano". (Víctor Paz, A cuarta parede)

"Lo estimulante es que su voluntad documental no está reñida con una mirada ensoñadora, casi fantástica, que surge en los instantes más bellos (...) Démosle las gracias a Los Hongos". (Carles Matamoros, Caimán cuadernos de cine)

"Los Hongos seduce por su frescura y su libertad" ***** (Caroline Vié, 20Minutes.fr)

"Una película libre y generosa" **** (Nicolas Azalbert, Cahiers du cinéma)

"Un director de indudable talento" (Diego Battle, Otroscines)

"Un fresco salvaje" (Julien Marsa, Critikat)

"Una película universal para repensar el mundo en que vivimos" (À voir à lire)

"Una película de revuelta, de esperanza, de libertad" (Le Dauphiné Liberé)

"Una oda a la creación hacia y contra todo" (Direct Matin)

**** (Noémi Luciani, Le Monde)

Festival Internacional de Locarno 2014 (Premio Especial do Xurado Cineasti del Presente) / International Film Festival Rotterdam 2015 (Premio do Público Dioraphte Award for best HBF film) / SEFF Sevilla 2014 (Mención Especial Las Nuevas Olas) / REC Tarragona 2014 (Premio Mellor Ópera Prima, Premio Xurado Mozo, Mención Especial do Xurado da Crítica) / Festival Internacional de Cine de Cali 2014 (Mellor Filme Nacional) / Toronto International Film Festival TIFF 2014 / Viennale 2014 / Festival de Cine de Mar del Plata 2014 / Rencontres Internationales du Documentaire de Montréal 2014 / Tokyo International Film Festival 2014 / Festival do Rio 2014 / Cairo International Film Festival 2014 / Festival Biarritz de l’Amérique Latine 2014 / New Films New Directors MoMA 2015

TRAILER OFICIAL | CARTEL | PRESSKIT | GUÍA DE DISTRIBUCIÓN | DESCARGA TRAILER DCP PARA SALAS | FOTOS EN ALTA | CERTIFICADO DE CALIFICACIÓN