Libraría

NUMAX celebra o Día das Librarías da man das novas poéticas urbanas

O grupo de rap galego acaba de sacar do forno un novo traballo que levará o nome de Pólvora e Tormenta (Letras para Woody Mellor). Presentarano na Libraría NUMAX o vindeiro 16 de novembro ás 20:00, nun formato conversa que lles permitirá achegar ao seu público como xurdiu a historia que actúa como fío conductor deste novo disco.

Os tres rapeiros galegos mergúllanse no Estados Unidos dos anos 30, coa intención de “establecer un paralelismo entre ese momento histórico e a actualidade”, segundo explica a propia banda.“Nese tempo, atopámonos cun país asolado polo Dust Bowl, unha tormenta de po que deixou na miseria a milleiros de familias. As reaccións do pobo ante este desastre non se fixeron agardar: conforme aumentaban a dor e a pobreza, tamén se endurecía a loita e ascendía o conflito. Mentres tanto, a música reflexaba esa realidade a través da voz de cantautores antifascistas como Pete Seeger o Woody Guthrie, ao que posteriormente Joe Strummer rendiría homenaxe tomando seu nome no alias que empregou durante uns anos: Woody Mellor”.

O disco foi gravado nos estudios Pousada Son, en Ames e conta coas colaboracións de: High Paw, Arnau de Zoo e Martin Plan B. Tamén Rubén Sierra de La Pegatina; os grupos cataláns Ginestá e Akelarre; e Samu Acaracán.

Ezetaerre ten publicada unha maqueta, de nome homónimo, o LP Aspiraciones Mínimas e Urxentes e o maxi 100.