Foco John Ford, 8 obras clave do cineasta que inventou América
Durante o mes de agosto viaxaremos pola obra do cineasta que levou á gran pantalla os mitos fundacionais de América do Norte: John Ford. Deste gran creador de ascendencia irlandesa proxectaremos obras mestras consagradas xunto a outros títulos infravalorados ou menos coñecidos. A viaxe arranca c'O cabalo de ferro o martes 2 de agosto e chegará a destino o domingo 29 con Misión de audaces.
«Chámome John Ford e fago filmes do oeste». Así se presentou o noso cineasta para se enfrontar durante a Caza de Bruxas a Cecil B. de Mille e o Comité de Actividades Antiamericanas. Porén, ningunha das dúas frases son exactamente certas. Ford foi bautizado como John Martin Feeney e criouse nunha humilde familia de inmigrantes irlandeses que lle transmitiu o gaélico e o amor polo seu país. Tampouco fixo só westerns, aínda que ao longo de máis de 50 anos de carreira e máis de 100 filmes dirixidos, Ford forxou a lenda do Lonxano Oeste, (re)creando os grandes mitos da construción de América. Neste Foco tentaremos achegar unha ollada novidosa arredor do que para moitos é «o máis grande cineasta americano do século XX» (Santos Zunzunegui).
Arrancamos coa espectacular epopea sobre a construción do camiño de ferro habitualmente considerada a súa obra mestra muda: O cabalo de ferro. Da década dos trinta recuperamos O delator, ambientada nos baixos fondos de Dublín onde conviven buscavidas con comprometidos militantes da causa irlandesa, e O mozo Lincoln, emocionante retrato dos anos de formación do 16º presidente dos Estados Unidos.
Aínda que adoita ser coñecido polas súas ideas conservadoras, Ford defendou co seu cinema a causa dos máis desafavorecidos en obras como As uvas da ira, adaptación de Steinbeck cunha histórica interpretación de Henry Fonda, e Que verde era meu val!, ambientada nas comunidades mineiras de Gales. Non nos esquecemos do seu xénero predilecto con dous westerns infravalorados e maxistrais: Caravana de paz e Misión de audaces. A viaxe conclúe na Irlanda dos seus ancestros a onde foi dirixir en 1952 unha das obras máis fermosas da historia do cinema: O home tranquilo. Arrancamos!
2 - 11 - 23 de agosto
O cabalo de ferro (The Iron Horse, 1924, 150')
3 - 12 - 16 de agosto
O delator (The Informer, 1935, 91')
4 - 14 - 20 de agosto
O mozo Lincoln (Young Mr. Lincoln, 1939, 95')
5 - 17 - 24 de agosto
As uvas da ira (The Grapes of Wrath, 1940, 129')
6 - 21 - 25 de agosto
Que verde era meu val! (How Green Was My Valley, 1941, 118')
7 - 13 - 26 de agosto
Caravana de paz (Wagon Master, 1950, 86')
9 - 18 - 27 de agosto
O home tranquilo (The Quiet Man, 1952, 129')
10 - 19 - 28 de agosto
Misión de audaces (The Horse Soldiers, 1959, 119')
- Hoxe
- Ver máis
-
-
A luz que imaxinamos
VOSE
-
-
Queer
VOSE
Artigos relacionados
Simetrías. Los 5 actos en las películas de John Ford
20.00€John Ford, L´homme et ses films
23.60€Sobre John Ford
39.00€John Ford
9.00€John Ford (Las uvas de la ira. Qué verde era mi valle. La mascota del regimiento. La ruta del tabaco. El caballo de hierro)
22.00€Grandes directores. John Ford (Pasaporte a la fama / Un crimen por hora)
13.70€John Ford
John Ford
36.00€John Ford: The man and his films
Ford apache
23.00€