4 obras mestras de Orson Welles no foco do mes de outubro
A nosa programación de Repertorio do mes de outubro está consagrada a un dos directores que máis fixo avanzar a linguaxe do cinema en cada un dos filmes. O Foco Orson Welles inclúe dúas adaptacións de William Shakespeare ―Macbeth e Othello―, seguidas de dúas alfaias como Míster Arkadin e Fraude.
Estamos moi felices de recuperar en copias restauradas catro obras esenciais dun dos maiores xenios da Historia do Cinema. Desde moi cedo Orson Welles deu mostras dunha precocidade sen precedentes para revolucionar diferentes medios e linguaxes como o cinema, o teatro ou a radio. Con apenas 23 anos impactou a todo un país coa emisión radiofónica d'A guerra dos mundos e con 26 asinaba o filme que, en 1941, conducía o cinema cara a unha primeira modernidade: Cidadán Kane. Acusado de comunista e observado de preto pola caza de bruxas do macartismo, a súa foi unha carreira de obstáculos que incluíu proxectos mutilados e filmes de baixo orzamento nos que sempre asomaba unha creatividade sen par.
O Foco Orson Welles inclúe catro alfaias da súa selecta filmografía en copias restauradas. Se es estudante da USC e estás inscrita no programa Os ollos verdes recorda que as entradas deste Foco tamén computan para a obtención de 1 crédito ECTS.
Martes 10 de outubro | 19:55h
Macbeth (1948, 105')
Martes 17 de outubro | 18:10h
Othello (1951, 91')
Martes 24 de outubro | 20:00h
Míster Arkadin (1955, 100')
Luns 30 de outubro | 20:00h
Fraude (1973, 85')