6 obras esenciais no Foco Pier Paolo Pasolini
Continuamos descubrindo a obra de grandes autores da historia do cinema co Foco Pier Paolo Pasolini, un programa composto por 6 filmes fundamentais para entender a un dos maiores creadores do cinema moderno. Desde o martes 3 de setembro en NUMAX.
A pesar do seu prematuro pasamento, a obra de Pier Paolo Pasolini (1922 - 1975) nas súas distintas linguaxes e soportes sitúano como un dos intelectuais máis influentes do século XX. No campo do cinema dáse a coñecer coa mítica Accattone, que inaugura unha sorte de segundo Neorrealismo apegado a personaxes que deambulan nas marxes da sociedade. Sen abandonar a súa preocupación polas clases populares a obra do intelectual boloñés esculca nas orixes da cultura cristiá n'O evanxeo segundo San Mateo e ofrece unha divertidísima sátira de corte marxista en Paxariños e paxarolos. A aclamación crítica chégalle a Pasolini con Teorema, corrosiva crítica á burguesía italiana, antes de embarcarse na Triloxía da vida da que, neste Foco, poderemos gozar d'O decamerón e Os contos de Canterbury.
- Martes 3 de setembro | Accattone (1961, 116')
- Martes 17 de setembro | O evanxeo segundo San Mateo (1964, 137')
- Martes 15 de outubro | Paxariños e paxarolos (1966, 87')
- Martes 29 de outubro | Teorema (1968, 93')
- Martes 5 de novembro | O decamerón (1971, 112')
- Martes 3 de decembro | Os contos de Canterbury (1972, 109')
- Mércores
- Ver máis
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
A luz que imaxinamos
VOSE
-
-
Queer
VOSE