A bailarina e coreógrafa Greta García presenta a súa novela debut «Solo quería bailar»
A Libraría NUMAX acollerá o xoves 5 de outubro ás 20:30h a presentación da primeira novela de Greta García, «Solo quería bailar», editada por Tránsito. A bailarina e coreógrafa estará acompañada pola escritora Berta Dávila. A entrada é libre ata completar aforo.
Solo quería bailar narra en primeira persoa a historia de Pili, unha bailarina sevillana que está na cárcere porque acabou farta (como ela di) da institución e da súa burocracia, e se volveu terrorista, aínda que non unha tan boa como a ela lle houbese gustado. Pili fala en andaluz, é divertida, escatolóxica e tonta, ou iso lle dixeron unha e outra vez, pero o seu discurso aparentemente naíf e deslavazado agocha un alegato máis que atinado contra o sistema e os seus baluartes que destila bastante mala ostia e convida á risada.
Greta García (Sevilla, 1992) é bailarina, coreógrafa, paiasa, directora teatral e circense multipremiada. Traballa co corpo e os objetos, e colabora con outras artistas para dar forma aos seus soños e aos seus pesadelos. Móvenlle as cousas que a fan rir e chorar ao mesmo tempo. Os textos que escribe son para obras performáticas, cancións para un concerto. Solo quería bailar é a súa primera novela.