Libraría

Hugo Clemente presenta «Fast»

Inspirándose nas entradas do seu diario persoal, o escritor Hugo Clemente narra en Fast (Canalla Ediciones) os soños, medos e soidades que acompañan a quen se ve empurrado a empezar unha nova vida lonxe do seu país. O xoves 7 de novembro ás 20:00, acompañado de Claudio Villar, un dos tradutores ao inglés deste libro bilingüe, presentarao na libraría NUMAX.

Fast significa rápido en inglés, pero tamén xaxún.

Fast é unha viaxe que sucede no interior. Fast gravita ao redor de dúas ideas:

—Estados Unidos como sistema de referencia é un aparato dixestivo e, para entrar nel, debes pasar por todas as fases: inxestión, dixestión, absorción, asimilación e excreción. Só así saberaás quen asimila a quen.

—A nomigrancia é a condición dos que, desde que se foron, xa non pertencen a ningún lugar, dos que non teñen a onde regresar, dos que se quedan sen cadeira cando a música para.

Ese tránsito polo ventre estanos a engulir neste instante, entre dúas linguas e recollido nun caderno de viaxes —ou nun dietario en segunda persoa — é Fast.

Fast é un proxecto narrativo ilustrado e inclúe unha playlist musical para compartir coas persoas lectoras.

Hugo Clemente (Salamanca, España, 1973) é licenciado en Psicoloxía Social, deu clases de español e estudos culturales en varias universidades de Boston desde 2015. Coordinou a Escola Canaria de Creación Literaria (2013-2015). Tamén traballou como terapeuta nun programa de metadona, instrutor de surf e snowboard, selector de vinilos á hora do vermú e cantante e letrista de Hiperkorë e Tut’n C’mons entre outras cosas. Impartiu talleres de escritura creativa en diferentes cidades españolas, en Nova York, Boston e Stamsund (Noruega).

Cuaderno de Agua, primeira novela, (Canalla Ediciones, Madrid, 2012) publicouse en inglés como Water Log (Spuyten Duyvil. New York. 2018). Guionista e produtor do documental The Blinking Island (2016), foi galardoado co Best Documentary Film Award Procida International Film Festival (Italia,2018), Premio ao Mellor Guión en MIMPI Fest (Brasil, 2017) e Premio do Público no Festival Internacional de Cine Mequinenza 2017 e nomeado aos Concepción Independent Film Awards (Chile 2017).

Foi finalista de Lucha Libro (1º Campeonato Literario de Improvisación celebrado en España, 2012) e publicou xunto a outros tres finalistas Lucha Libro (Baile del Sol. 2013). Tamén participou noutras coleccións de historias: Ménades: una invitación a la euforia (La Piscina Editorial-Keroxen, Tenerife, 2015) e PervertiDos (Editorial Traspiés, Granada, 2014). Colaborou con diversos medios como International Journal of Iberian Studies, Mondo Sonoro, Los Bárbaros (Nueva York), Calviva, Píldora Sonora, foi editor en Quantum Prose e publica regularmente no seu blog ¡No toques nada!. Actualmente fai traballos de creación de contidos, produción e edición.