Cinema

O Festival de Rotterdam vívese en NUMAX co IFFR Live 2018

Por terceiro ano consecutivo o Cinema NUMAX participa do Festival de Rotterdam a través do IFFR Live 2018 que inclúe a proxección en sala de catro filmes do certame, presentacións en streaming e coloquios en twitter. Do 26 ao 28 de xaneiro en NUMAX.

Máis de corenta salas do continente europeo fan parte neste 2018 do IFFR Live, a experiencia de Festival en liña máis ampla do mundo. En Galicia, o Cinema NUMAX será, una ano máis, a única sala participante, albergando catro proxeccións moi especiais, que inclúen presentacións en streaming desde Rotterdam por parte da equipa técnica de cada filme e un coloquio posterior no que o público da sala pode participar a través de twitter. Neste 2018, asemade, todos os filmes proxectados son dirixidos por mulleres. Velaquí o cadro de horarios e sinopses:

https://d3kl303i68us18.cloudfront.net/image/26441/og/pin-cushion---deborah-haywood.jpg

Venres 26 de xaneiro | 17:00
Pin Cushion (Deborah Haywood)
Unha nai e unha filla comezan unha nova vida noutro pobo. As dúas fan novas amizades pero por moito que se engañen a si mesmas a súa nova vida non vai tan ben como quererían. Para fuxir de todo iso dedícanse a mentir e fantasiar.

https://www.lacasaencendida.es/sites/default/files/styles/full/public/amateurs_nt.jpg?itok=Y4dx-H7K

Sábado 27 de xaneiro | 16:00
Amateurs (Gabriela Pichler)
Lafors é unha pequena comunidade sueca que precisa desesperadamente un novo comezo. A esperanza chega cando a cadea de supermercados Superbilly pensa en abrir franquicia na área, o que suporía 500 novos empregos. Musse, da oficina do goberno local, recibe a encarga de facer o anuncio para promocionar Lafors, mais Aida e Dana loitan cos seus móbiles e paus de selfie para incluír a todos os que non ten permitido participar no anuncio.

https://cdn1.thr.com/sites/default/files/2017/08/35598-nico__1988_-trine_dyrholm___lorenzo_piermattei-h_2017.jpg

Domingo 28 de xaneiro | 15:00
Nico 1988 (Susanna Nicchiarelli)
Por favor, non a chamedes Nico ou Musa de Andy Warhol. Dúas décadas máis tarde, Crista Päffgen non quere falar do seu breve período con The Velvet Underground. Para ela, a vida comezou logo daquel ilustre período, mesmo cando os reporteiros e admiradores adoitan amosar menos interese polas súas ideas e carreira en solitario. O filme, unha road movie ambientada na década dos 80, céntrase nos últimos anos da artista.

https://1.bp.blogspot.com/-ZU5IFekraZk/WMJgb8jEpsI/AAAAAAAATfw/EaQ3zoLG0rAz7IXMH9QNyTzzs6acq1LKwCLcB/s1600/17158881_1777572725895325_2837860323237645792_o.jpg

Domingo 28 de xaneiro | 19:00
Nina (Olga Chajdas)
Logo de vinte anos, o matrimonio de Nina e Wojtek non vai a ningures, en parte polo seu intento de teren fillos sen resultado. Cando coñecen a Magda, unha muller nova, deciden propoñerlle a maternidade subrogada. Mais as cousas complícanse aínda máis cando Nina se sente, de súpero, atraída cara a Magda.