Libraría

Ignacio Castro Rey presenta «Mil días en la montaña. Roxe de Sebes» na Libraría NUMAX

O primeiro día de setembro, xoves 1 ás 20:30 da tarde, a Libraría NUMAX acollerá a presentación de «Mil días en la montaña. Roxe de Sebes» de Ignacio Castro Rey. No acto o autor estará acompañado de Xosé Manuel Santos Solla, xeógrafo e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. A entrada é libre ata completar aforo. 

Hai xa bastantes anos, o escritor e filósofo Ignacio Castro Rey retirouse á montaña para intentar convertir en mundo un temor atávido, primixenio. Quixo despois facer unha crónica daqueles mil días e que publicou os libros de  FronteraD por primeira vez en 2016. Nesta publicación deu forma filosófica ao fío dese soño e preparalo para subsistir, aínda que xamais se cumplira. Como seguir sendo idealista, incluso romántico, e ao mesmo tempo participar nun universo social onde a Revolución se mostra imposible? O escenario onde se mantivo esta pregunta foi unha casa branca, gris e azul cravada entre montañas de herba. Esa cabaña de pedra e madeira converteuse no lugar senlleiro para desatar a madeixa do presente e ensaiar outra orientación na multitude de recordos, imaxes e ecos dispersos que viñas de atrás. A presentación terá lugar no espazo da Libraría o xoves 1 de setembro ás 20:30h da tarde, nela o escritor e filósofo Ignacio Castro estará acompañado do xeógrafo e profesor Xosé Manuel Santos Solla. A entrada é libre ata completar aforo. 
 
Ignacio Castro Rey é filósofo, crítico de cinema e arte, xestor cultural e profesor. Ademais de múltiples artigos e conferencias, publicou diversos libros. O último deles chámase Sexo e política (Ed. Pretextos 2021), En Espera. Sobre la hipótesis de una violencia perfecta (La Oficina Ediciones, 2021), Lluvia Oblicua (Ed. Pretextos 2020) seguido de Mil días en la montaña (Roxe de Sebes) (Ed. FronteraD, 2019) y Ética y desorden (Pretextos, 2017). Anteriormente publicou tamén, entre outros, Votos de riqueza (Madrid, 2007), Roxe de Sebes (A Coruña, 2011) e La depresión informativa del sujeto (Buenos Aires, 2011). Ignacio Castro desenvolve o seu labor filosófico nunha soa vertente con dúas caras. Dun lado, no bordo do que poderiamos considerar a tolerancia ilustrada, unha afirmación metafísica da inmediata vida mortal, do seu común individuación, sen posible suxeito social nin representación histórica algunha. Doutro, unha crítica da violencia cultural do poder contemporáneo, esas novas modalidades da caza do home onde a dereita e a esquerda converxen.