Libraría

O poeta leonés Ildefonso Rodríguez presenta «La belleza de los muertos» na Libraría NUMAX

O venres 3 de febreiro ás 20h30 a Libraría NUMAX acollerá a presentación do libro de La belleza de los muertos de Ildefonso Rodríguez publicada por Eolas Editorial. O autor contará no directo co acompañamento musical de Bernardo Martínez e Cova Villegas. A entrada é libre ata completar aforo. 

No libro La belleza de los muertos, o seu autor, Ildefonso Rodríguez, constrúe un relato a través de soños, palabras súas pero antigas, recordos e iluminacións diurnas, para que dous mortos queridos, un pai e un irmán, recobren por un momento os seus actos e algún resto da voz que tiveron en vida. Neste libro xúntanse afectos e tamén pequenas e grandes pertenzas, que fan da súa lectura un acompañamento sen soidade nin silencio. Na presentación, que terá lugar na Libraría NUMAX o próximo venres 3 de febreiro ás 20h30 da tarde, o poeta estará acompañado de Bernardo Martínez e Cova Villegas. A entrada é libre ata completar aforo. 

Ildefonso Rodríguez (León, 1952) foi membro fundador das revistas Cuadernos leoneses de poesía e El signo del gorrión. A súa obra poética foi reunida no volume Escondido y visible. Escribiu tamén narrativa (Son del sueño, Disolución del nocturno, Informes y teorías) e ensaio (El jazz en la boca). A súas tres últimas publicacións son o libro–disco Inestables, intermedios; Ciclo Tierra de Campos (Inacabado. Aventuras de tres amigos en los tiempos del nacionalcatolicismo); Mandolina y jaula ante un espejo, en colaboración co poeta Francisco Deco. É saxofonista, dedicado ao jazz e á improvisación libre. Actualmente escribe no xornal dixital Tam-tam Press a sección "Despierto y por la calle".