Sesión de peche coas autoras do ciclo Intemperiadas
 
                    Logo de sete intensos meses o ciclo Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias chega á súa fin nun último encontro coas autoras e obras que encheron de luz e ideas a actividade. Será este sábado 16 de outubro de 12:00 a 14:00 horas na Libraría NUMAX. Intemperiadas é unha actividade comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.
A derradeira entrega co ciclo Intemperiadas chegará na matinal do sábado 16 cunha exposición efémera das pezas que foron elaborando estes meses as artistas participantes. De 12:00 a 14:00 no espazo da Libraría estarán expostas as obras da ilustradora Laura Tova, da creadora téxtil Ío Morales, da ceramista Paula Pereira, da dupla musical Jóia Rara [Acacia Ojea e Marta Gilino] e da fotógrafa e performer Verónica Vicente. Ademais, ás 13:30 haberá unha conversa entre as artistas e a comisaria da actividade, Charo Lopes, que retransmitiremos en directo a través das nosas páxinas de Facebook e Instagram (@numaxcoop). Recorda que a actividade ten un aforo reducido polo que recomendamos reservar praza no correo [email protected]. Recordamos as autoras e as obras que nos acompañaron estes meses no ciclo, sempre co apoio da Deputación da Coruña.
- 
	Laura Tova Weltschmerz 
- 
	Io Morales malus sylvestris 
- 
	Paula Pereira galope corazon 
- 
	Jóia Rara (Akazie e Russinha) Ou subir ou partir as caléndulas 
- 
	Verónica Vicente <sen título> 
 
     
                             
                             
                             
                             
                             
                             
                     
                     
                     
                     
                     
                     
                    