Javier María Rodríguez presenta o libro-CD «Herminio Villaverde. A trompa na Fonsagrada» na Libraría NUMAX
Javier María Rodríguez presenta o libro-CD, Herminio Villaverde. A trompa na Fonsagrada, editado pola Central Folque. Na actividade, que terá lugar este venres 22 de marzo ás 20h00 da tarde, o autor e músico estará acompañado polo artesán de berimbaus Che de Luaña. A entrada é libre ata completar aforo.
A paisaxe sonora das montañas orientais da Galiza non se pode entender sen a singular presenza da trompa ou birimbao, instrumento de grande difusión internacional, que conta con tradicionais do afastado Oriente até concertos escritos ad hoc na música clásica europea.O magnetismo de Herminio Villaverde, como músico e personaxe, fascinou ao autor desde o seu primeiro encontro na aldea de Fonfría, en 1990. Tres décadas despois, o musicólogo prácticas culturais na Fonsagrada desde unha perspectiva histórica, atendendo ao repertorio, tipoloxías, técnicas de execución, intérpretes e artesáns máis significados deste trompa na tradición musical galega, resulta imprescindible para entender e perpetuar este legado.
A CHAVE MESTRA é unha colección promovida por aCentral Folque, centrada en personaxes históricos do patrimonio musical e oral galego. Artistas que destacaron e ofreceron a súa personalidade, bon facer, e que axudaron a transmitir un coñecemento esencial do presente cultural galego. Gaiteiros, zanfonistas, violinistas, narradores, acordeonistas… No 2017, unha nova fornada de títulos súmanse a esta colección. Pandereteiras, folcloristas foráneos, músicas na emigración ou a regueifa. Aquí comeza unha serie de publicacións para rescatar, descubrir e divulgar, figuras indispensabeis da cultura tradicional. Libros de alta calidade a cor con tapa dura, fotos inéditas, contexto e ensaio histórico e musical, transcrición e análise de partituras e CDs con gravacións orixinais e inédicas en cada unha das publicacións.
- Domingo
- Ver máis
-
-
Dahomey
VOSE
-
-
La Parra
VO
-
-
Cando cae o outono
VOSE
-
-
Emilia Pérez
VOSE