Libraría

Javirroyo presenta «Dibujo, luego pienso» na Libraría NUMAX

A libraría NUMAX acollerá o martes 2 de maio ás 20h00 a presentación do libro «Dibujo, luego pienso», de Javirroyo editado por Lumen. No acto, o autor estará acompañado pola ilustradora Sandra Lodi. A entrada é libre ata completar aforo. Foto: Laura Abad.

Todas as personas somos creativas, pero é algo que debemos entrenar, como se fose un deporte. Javirroyo invitanos en Dibujo, luego pienso (Lumen) a exercitar o cerebro e a aprender a pensar e a escribir a través do debuxo e os esquemas no seu ximnasio de ideas. Con el perderás o medo á páxina en branco e sairás da túa zona de confort, lograrás simplificar o complexo e, en definitiva, poderás vivir unha vida chea de creatividade e sen restriccións. Neste libro descubrirás retos, exercicios, actividades, consellos e técnicas para sacar a imaxinación que levas dentro e aplicala a todos os ámbitos do teu día a día. Na presentación, que terá lugar en NUMAX o martes 2 de maio ás 20h00, o autor estará acompañado da tamén ilustradora Sandra Lodi. 

Javier Royo Espallargas, alias Javirroyo (Zaragoza, 1972) é deseñador gráfico e ilustrador. Comezou colaborando en diferentes fanzines e en 1994 deu vida a súa personaxe máis coñecida, A Cebola Asasina. En 2004 participou na equipa de redacción e como autor do semanario de humor gráfico El Virus Mutante, xunto a Forges, Gallego & Rey, El Roto e Peridis. Traballou como ilustrador para varias editoriais e para publicacións como Interviú (ilustrando os textos de Juan José Millás), El PaísVisual ou El Semanal, e é fundador, editor e autor da publicación semanal de humor gráfico online El Estafador. É o creador da marca de vinilos decorativos Chispum. É tamén coautor dos libros Martín Berasategui e David de Jorge (Premio Junceda), La tortilla de patatas e Grandes cócteles del mundo, e autor de La Escuela (Premio Cómic de Aragón), Life is sho, Homo machus (Lumen, 2020) e Laborachismo (Lumen, 2021). Dibujo, luego pienso (Lumen, 2023) é o seu último libro.