JJ Richards presenta «Pensar para atrás» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Pensar para atrás (Tres Hermanas) de JJ Richards o vindeiro xoves 20 de xuño ás 19h00. A autora estará acompañada polo escritor, periodista e músico, Luis Boullosa. A entrada é libre ata completar aforo.
JJ Richards naceu en Bos Aires (1977) dentro dunha familia xudeu-irlandesa e vive en Madrid dende hai 17 anos. É artista, ilustradora, deseñadora e arteterapeuta. Despois de graduarse como Licenciada en Administración de Empresas formouse en The Art Students League de Nova York, na Contemporary Art Academy de Londres e na Escola Arxentina de Arteterapia de Bos Aires. Actualmente é membro activo do Centre of Applied Jungian Studies de Ciudad do Cabo e complementa a súa formación como historiadora da arte na Art Explora Academy pola Sorbonne Université de París. Coordina e dirixe a edición anual de El Círculo, un laboratorio de procesos artísticos e Clínicas de Creación para artistas facendo foco no acompañamento dos seus procesos subxectivos a través de diversas linguaxes expresivas.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
As margaridas
VOSE
-
-
No Other Land
VOSE
-
-
Emilia Pérez
VOSE
-
-
Bird
VOSG