Libraría

Jonathan Arribas presenta «Vallesordo» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Vallesordo (Libros del Asteroide) de Jonathan Arribas o martes 1 de abril ás 19:00h. O autor estará acompañado por Sabela Aldrey, escritora de Santiago que foi mestra de Lengua e Literatura de Jonathan Arribas e que aparece recoñecida nas primeiras páxinas de Vallesordo. A entrada é libre ata completar aforo.

Nico é un neno que vive nun pobo de Zamora. Xoga a polis e cacos cos amigos, vai en bici, pasa tempo coa súa cadela, La Yesi, abúrrese e divírtese no colexio, dóelle a barriga, odia aos mastíns do pastor, que lle ladran sen parar, e gústalle moito ensaiar coreos.

Polas tardes, á hora da sesta, ve Fama, ¡a bailar! e mándalle ánimos a Yure, a súa favorita, que é de Canarias e ten cabelo de leoa. Cando aprende novos pasos de baile ensínallos de contado aos seus amigos, Izan e Telma. Nico sente cariño cara eles pero tamén rabia, e enfado, e algo que lle dá cóxegas e non sabe o que é.

Vallesordo é unha novela entrañable cunha voz orixinal que nos fala do importante que é sentirse comprendido e vivir con ilusión. O brillante debut dun autor chamado a converterse nun dos escritores máis interesantes da súa xeración.

Jonathan Arribas naceu e vive en Zamora. Estivo catro anos en Salamanca, onde estudou dereito, e tres anos en Madrid, onde fixo un mestrado de escritura creativa. No curso 2022-2023 foi residente da Fundación Antonio Gala. Vallesordo é a súa primeira novela.