Libraría

Presentación de «La cultura como reserva india», de Jorge Linheira

O mércores 19 de decembro ás 20:00 Jorge Linheira presenta La cultura como reserva india. 36 años de políticas culturales en Galicia acompañado da escritora e profesora María do Cebreiro e de Xesús Ron, director artístico de Chévere.

La cultura como reserva india. 36 años de políticas culturales en Galicia
Dunha cultura que tras corenta anos de vacacións democráticas lexitimou simbólicamente un sistema autonómico moi débil e excluínte co nacionalismo, pasando por unha espectacularización cultural que deixou megaproxectos delirantes como a Cidade da Cultura, ou a catástrofe do Prestige que deu lugar á Plataforma contra a Burla Negra, a cultura en Galicia viuse sometida a continuos vaivéns debido á súa institucionalización. La cultura como reserva india examina a existencia ou non de políticas culturais galegas desde 1981 até a actualidade a través de factores determinantes como: o conflito identitario, a necesaria feminización ou a hipótese dunha Cultura da Transición de Galicia (CTdGa).

Jorge Linheira (Compostela) é licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Xestión Cultural pola Universitat de Valéncia. Axitador contracultural, director de proxecto "Cultura sen glute" e investigador independiente sobre cultura, poder e identidade. Coordina o proxecto "Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002-2019)", que se inaugurou o 23 de novembro no Auditorio da Galiza e que nos próximos meses encherá de actividades de diferentes tipoloxías localidades de todo o país.