Juan Gómez Bárcena presenta «Abril o nunca» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Abril o nunca (Seix Barral) de Juan Gómez Bárcena o mércores 3 de xuño ás 19:00h. O autor estará acompañado polo dinamizador cultural Javier Pintor. A entrada é libre ata completar aforo.
Teresa cumpre anos dúas veces cada ano: unha con mamá e outra con papá; unha en Madrid e outra en Benidorm. Cousas de ter pais divorciados. En Madrid sempre é o pasa mellor, coas súas amigas do colexio, pero este ano en Benidorm espéralle unha sorpresa: o seu pai, Daniel, levaraa a mergullar. E ese día na Cala dos Amarelos, con Teresa sorrindo na auga, pasará algo que o cambiará todo.
En Abril o nunca acompañamos a Daniel tras ese día crave, e percorremos con el unha crise dos corenta marcada pola culpa, a posibilidade dun novo amor, a amizade na madurez, a noite charramangueira de Benidorm, os foros da internet e as súas teorías conspiranoicas e, unha e outra vez, ese día na Cala dos Amarelos que volve como unha obsesión: a de viaxar no tempo para cambiar o pasado.
Juan Gómez Barcena (Santander, 1984) é licenciado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, en Historia e en Filosofía. Co seu primeiro libro de contos, Los que duermen (2012) otivo o Premio Tormenta a Mellor Autor Revelación. En 2014 publicou El cielo de Lima, novela coa que obtivo o Premio Ojo Crítico de Narrativa 2014 e o Premio Ciudad de Alcalá de Narrativa 2015, e que foi traducida ao inglés, francés, italiano, alemán, portugués, holandés e grego. A súa seguinte novela, Kanada (2017) obtivo o Premio Ciudad de Santander 2017 e o Premio Cálamo Otra Mirada 2017, e resultou primeiro finalista do Premio internacional Tigre Juan 2017. A continuación, publicou Ni siquiera los muertos (2020), que foi finalista do premio que o Gremio de Libreiros de Madrid concede ao mellor libro do ano. A monumental Lo demás es aire (2023), Premio Ciutat de Barcelona de Literatura e Premio Vanity Fair á mellor novela, consolidouno como un dos autores máis relevantes da literatura española.
- Hoxe
- Ver máis