Libraría

A poeta María Ovelar presenta «Las oceánicas» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a súa primeira presentación do ano este xoves 13 de xaneiro. Nesta ocasión, teremos con nós á poeta alicantina María Ovelar co seu poemario «Las Oceánicas», editado por Valparaíso Ediciones. Na presentación, que terá lugar ás 20:30h da tarde, a poeta estará acompañada pola profesora e escritora Marga do Val. Foto: Jacobo Biarnes. 

 

A poeta Olga Novo, Premio Nacional de Poesía, escribiu unha carta celebratoria para este poemario no que di que as Oceánicas de María Ovelar "son da estirpe das Oceánidas, como tamén o son das bruxas, das fadas e outras deusas marxinais fuxindo da estructura dun panteón, contruíndo periferias amorosas contra danos milenarios”. Así, Las Oceánicas propón unha solidaria reescritura feminista de contos intantís que exorciza vivencias traumáticas como o maltrato psicolóxico, a violencia en todas as súas formas e o borrado das mulleres da historia. E faino a través dunha poesía confesional, comprometida e instrospectiva que reinvindica ao mesmo tempo que cuestiona o poder terapéutico da escritura. Unha poesía chea de múltiples referencias pop que invoca a poetas como Alejandra Pizarnik, Baudelaire, Denise Levertov, Rumi e Ramón Gamoneda.

Para asistir ao acto é preciso reservar praza no correo [email protected]. Se non podes asistir ou quedas sen praza poderás ver a presentación desde a casa en streaming a través das nosas redes sociais en Facebook e Instagram Live (@numaxcoop).

María Ovelar (Alicante, 1982) é escritora, traductora e artista performática. Traballou durante trece anos no xornal El País, onde segue a colaborar, e tamén con publicacións de Condé Nast. Foi profesora de literatura no Mahindra United World College na India e é copy creativa de marcas como Carolina Herrera ou Jean Paul Gaultier. María Ovelar organiza eventos literarios en Madrid, modera varios micros abertos e é a fundadora da tertulia feminista LaSafo e a cofundadora do colectivo poético-reivindicativo Arta. Actuou en videoclips do grupo Autosacramental e en curtas como 22 M de Gabriela Martí, e pincha baixo o nome de DJ Arta. Os seus poemas publicaronse en revistas como A, Arte, Caos y Literatura, e La Trinchera, tamén apareceron en antoloxías Mujeres, brujas y luna llena e Long Play, ambas de Mariposa Ediciones.