Cinema

Lázaro Louzao presenta «Nove de novembro» en NUMAX

O Cinema NUMAX estrea Nove de Novembro, a primeira longametraxe LGBT rodada en galego. E para acompañala contamos nada menos que coa participación do seu autor, Lázaro Louzao, con presentación e coloquio o venres 6 de xullo ás 17:45 e só presentación o luns 9 ás 20:10.

Nove de Novembro relata a historia de Roberto e Miguel, dous mozos que levan dez anos xuntos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar comenza a esgazar co regreso de cada recordo. Unha bagaxe que cada vez pesa máis irá desvelando a auténtica natureza da súa vida xuntos. Paralelamente, a máis de 2000km de distancia, no Berlín dividido, outra relación moito máis grande está a piques de mudar tamén.