A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro «Las costuras del guion»

A Libraría NUMAX acolle o mércores 15 de maio ás 20h00 a presentación de Las costuras del guión. Textos de cine y vida de Daniel Domínguez con Carlos Amil, Teresa Domínguez e Pepe Coira. A presentación farase ao remate da proxección de O home tranquilo, un dos filmes máis mencionados no libro. A entrada é libre ata completar aforo.
Las costuras del guión. Textos de cine y vida reune textos do guionista Daniel Dominguez publicados en numerosos artigos no seu blog La escuela de los domingos. O libro é unha antoloxía destes escritos, unha mirada singular dun contador de historias.
Daniel Dominguez foi mestre, guionista e cineasta. Foi un dos autores de series de televisión e películas como Mareas Vivas, As leis de Celavella, Pais Casares, Miña sogra máis eu, A vida por diante e Branca Madison, entre outras. No ano 2002 recibiu o premio Mestre Mateo ao mellor guión por Terra de Miranda. Foi un dos fundadores da Escola de Imaxe e Son de A Coruña e a súa erudición cinéfila quedou patente nas súas numerosas colaboracións como crítico de cine, pero sobre todo no seu blogue La escuela de los domingos.