A Libraría NUMAX acolle a presentación de «MAN.», III Premio Editorial FFoco
Os colectivos Cadela Negra e Alauda Negra presentarán o fotolibro MAN. (Alauda Negra), III Premio Editorial de Fotografía Documental, o vindeiro venres 7 de febreiro ás 19:00h. Na presentación estarán o editor Xosé Lois Gutiérrez Failde e os fotógrafos Lois Cid e Toni Cortés. A entrada é libre ata completar aforo.
MAN. é o traballo de Cadela Negra (Lois Cid e Antonio Cortés) arredor da figura de Manfred Gnädinger, un ensalmo mesto e vibrante da pegada deste creador total que viviu boa parte da súa vida dun xeito ascético en Camelle (Costa da Morte). Nestes dous últimos anos estes dous autores viaxaron con frecuencia a Camelle seguindo o rastro visual de Man, o «Alemán de Camelle».
As imaxes deste libro compoñen un friso arredor da experiencia co territorio e a memoria de Man. MAN. é a obra gañadora do III Premio Editorial de Fotografía Documental Galega organizado por FFoco Festival da Fotografía da Coruña, patrocinador integral desta publicación, co obxectivo de fomentar a creación e produción de fotolibros con vinculación galega.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Old Boy
VOSE
-
-
A luz que imaxinamos
VOSE
-
-
-
-
Old Boy
VOSE