A Libraría NUMAX participará no simposio «O libro e a lectura» organizado pola Asociación Galega de Editoras
O simposio O libro e a lectura organizado pola Asociación Galega de Editoras celebrará na mañá do mércores 18 de setembro na Biblioteca do Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela) un encontro de análise e diagnose do libro galego nas librarías de Galicia, e que contará con representación da Federación de Librarías de Galicia, de Euskadi e de Catalunya.
O libro galego nas librarías centrará o XXI simposio O libro e a lectura que organiza este mércores 18 de setembro a Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia. A biblioteca do Consello da Cultura Galega acollerá este acto profesional de análise e diagnose do libro galego nas librarías de Galicia, dirixido principalmente a persoal das editoriais e librarías, máis aberto ao público ata completar aforo (inscricións no correo [email protected]).
Este encontro profesional servirá para conversar e reflexionar sobre a situación e visibilidade do libro galego nas librarías, con exemplos de estratexias de comercialización. Logo da inauguración prevista para as 10:30 da mañá, celebrarase ás 11:00 a mesa redonda O libro galego nas librarías, coa participación de Celia Fernández, secretaria da Federación de Librarías de Galicia; Carlos Blanco, das librarías Nobel e Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras, como moderador.
Ás 12:30 terá lugar o panel de experiencias Novas estratexias de comercialización, a cargo de Gexan Sors, das librarías Elkar; Àurea J. Perellò, da libraría Finestres e da nosa compañeira da cooperativa NUMAX, Mariña de Toro.
- Sábado
- Ver máis
-
-
Joker: Folie à Deux
VOSE
-
-
-
A substancia
VOSE
-
-
Joker: Folie à Deux
VOSE