A Libraría NUMAX vai á SELIC!
A Libraría NUMAX sae á rúa do mércores 12 ao domingo 16 de xuño para participar na SELIC, que se celebrará na Praza da Quintana. O horario será de luns a venres de 17h00 a 21h00h e na fin de semana de 12h00 e 14h00h e de 17h00 a 21h00 (o sábado ata ás 22h00).
Volve a Semana do Libro de Compostela (SELIC), un espazo que reúne os principais axentes do libro da cidade de Santiago de Compostela. Agardámoste na Praza da Quintana do 12 ao 16 de xuño cunha escolla representativa da nosa libraría composta de fondo e novidades feita con moito agarimo.
Entre a selección de libros estarán os títulos das actividades organizadas na SELIC, entre as que se atopa a presentación da banda deseñada Zeca Afonso. Balada do Desterro (aCentral Folque) de Teresa Moure e Maria João Worm, a do poemario A cousa eterna (Apiario) de Celso F. Sanmartín ou o recital musicado do libro Río Miño. Unha viaxe entre solsciticios (Kalandraka) de Xesús Fraga. Tamén contaremos con títulos relacionados coas conversas que acolle esta edición do festival, como a de Servando Rocha e Julia Amigo, a de Sara Vilas e Rosa Ribas, a de Carlos Portela e Miguelanxo Prado ou a de María Fasce e John Banville.
Podedes saber máis destas e doutras actividades no programa completo desta SELIC.
Vémonos na Quintana!
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
As margaridas
VOSE
-
-
No Other Land
VOSE
-
-
Emilia Pérez
VOSE
-
-
Bird
VOSG