A Libraría NUMAX, entre as nove estatais seleccionadas para a exposición "Pasa Página" da Biblioteca Nacional de España
Fotografía da Libraría NUMAX exposta en Pasa Página
A Libraría NUMAX atópase entre as nove librarías do Estado que foron seleccionadas para formar parte da exposición Pasa página. Una invitación a la lectura, da Biblioteca Nacional de España. A mostra componse dunha serie de capítulos que percorren distintos aspectos da lectura e o libro.
Impulsar a lectura e estimular o gusto polos libros e a literatura entre todos os públicos é o que Acción Cultural Española (AC/E) e a Biblioteca Nacional de España pretenden coa exposición Pasa página. Una invitación a la lectura, que se pode visitar na Sala de Guillotinas da Biblioteca ata o 25 de febreiro de 2018. A mostra está comisariada polo xornalista e escritor Jesús Marchamalo, e foi organizada no marco do Plan de Fomento da Lectura que desenvolve o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte baixo o lema “Ler dache vidas extra”.
En Pasa página reivindícanse a lectura e a literatura mediante libros, fotografías, pezas audiovisuais e obxectos que ofrecen ao público unha reflexión cómplice e lúdica sobre o pracer de ler. Ademais, este percorrido, que contou coa asesoría pedagóxica do escritor Nando López, presta especial atención ás persoas lectoras máis novas, coa vontade de buscar unha conexión emocional e evocadora entre o seu mundo e o feito lector.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE