Libraría

Presentación de "La lógica del delirio", as reflexións luminosas dun rapaz con Asperger

Francesc Marzo Bellot é un autor catalán con síndrome de Asperger. La lógica de delirio (ediciones Carena), o libro que presentará este venres 16 de febreiro ás 20:00 na Libraría NUMAX, componse de 51 reflexións breves e luminosas. Estará acompañado por Marisol García Penalta, presidenta de ASPERGA.

La lógica del delirio compila 51 reflexións para ser lidas en calquera momento do día, pero especialmente, á hora do lusco fusco. Son escritos que buscan a complicidade lectora para ir máis aló da propia potencia imaxinal. Estas reflexións, cada unha delas, abren e pechan un universo de posibilidades infinitas.

"A primeira vez que coñecín a Francesc Marzo foi a través dos seus escritos, a penas unhas aparentes reflexións, profundamente poéticas, que indagaban no aspecto escuro do ser. Nun primeiro momento non souben recoñecer o seu síndrome de Asperger, aínda que percibín que esa axilidade en transitar outros mundos pola escritura era atípica para unha mente que non fose extraordinaria." Do prólogo da editora do libro, Elena Morilla.

Francesc Marzo Bellot (Barcelona, 1988) é un mozo con síndrome de Asperger, o lado máis funcional dos trastornos do espectro autista. O camiño cara a diagnose foi para el unha tarefa titánica, debido á gran variedade de aspectos deste tra  El camino hacia el diagnóstico fue para él una tarea titánica, debido a la gran variedad de aspectos deste trastorno e a comorbilidade que presenta. O feito de comprender mellor as razóns da súa condición axudáronlle a transitar mellor pola vida. Actualmente estuda Matemáticas, Física, Química, Filosofía e Música. Declárase amante de todos os xéneros literarios, pero é un especial lector de poesía e ensaio.