Lois Patiño presentará 'Costa da Morte' este domingo 29 de marzo en NUMAX
Este domingo 29 teremos a honra de recibir en NUMAX a Lois Patiño para presentar o seu multipremiado filme Costa da Morte. Será na sesión das 20:00 e logo de rematada a proxección o noso público terá a ocasión de intercambiar impresións con el nun turno de preguntas e respostas.
Este pase do domingo inicia tamén as nosas proxeccións especiais, con presenza de convidados, que teñen unha tarifa única de 8 euros e na que os nosos abonados colaboradores manteñen a súa tarifa reducida de 4,80. Este incremento no prezo da entrada vai destinado a remunerar, de maneira simbólica, a presenza dos realizadores na sala para presentar os seus filmes e intercambiar impresións co público.
Costa da Morte é o filme que inaugura a sección 'Os ollos verdes' de NUMAX, na que se poderán ver aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras. O filme de Patiño, malia estrearse en salas comerciais no pasado outono cunha enorme resposta de público, só puido verse en Compostela nun único pase durante Cineuropa 2013, poucos meses despois de o seu director ser recoñecido no Festival de Locarno "mellor director emerxente". Agora, en NUMAX, Costa da Morte estréase o mércores 25 de marzo e estará en cartel unha semana até o martes día 31. Aproveitade a ocasión!
Aquí podedes mercar as entradas para esta sesión: https://numax.org/carro/ticket/paso3/costa-da-morte/84
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
As margaridas
VOSE
-
-
No Other Land
VOSE
-
-
Emilia Pérez
VOSE
-
-
Bird
VOSG