Lorena Conde presenta «Entullo», poemario gañador do González Garcés
Canda ela estarán, este martes 16 ás 20:30, o tamén poeta Iván Cuevas; Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación da Coruña e o violonchelista Guillermo Alzugaray.
A actriz, dramaturga, directora, escenógrafa e atrezzista, Lorena Conde presenta este martes 16 ás 20:30, véspera das Letras Galegas, o poemario co que gañou o XVIII Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña, Entullo.
O xurado valorou no seu momento a «orixinalidade na construción das imaxes e no tratamento do tema: a visión do corpo como espazo de reconstrución, nun proceso de degradación física e emocional» do poemario.
Lorena Conde (Pontesampaio, 1980), é actriz, dramaturga, directora, escenógrafa e atrezzista. Iníciase no teatro universitario primeiro como actriz e despois como directora. Desde 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas.
Desde o ano 2000 dirixe varias compañías de teatro amador (Captatio Benevolentiae, Enlata Teatro, Farrapo Teatro) para as que adapta e/ou escribe e pon en escena máis dunha decena de espectáculos, gañando diversos premios como directora e dramaturga.
Desde 2013 é cofundadora de Matrioshka Teatro -compañía profesional gañadora de varios premios María Casares,- na que traballa como deseñadora, actriz e para a que escribe, o seu espectáculo Manawee.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE