Luisa Castro presenta «La fortaleza. Poesía reunida (1984-2005)»
[FOTO: Sandra Alonso]
O mércores 14 de agosto ás 20:00 recibimos unha nova visita da poeta de Foz Luisa Castro para presentar La fortaleza. Poesía reunida (1984-2005), un volume que recolle por vez primeira os seis libros de poemas da escritora. O acto estará presentado polo poeta e tradutor Ismael Ramos.
Luisa Castro conta cunha traxectoria fulgurante, alzándose nas máis de tres décadas de carreira literaria, con diferentes galardóns, entre os que destaca, no eido poético, o Premio Hiperión en 1986 co seu segundo poemario Los versos del eunuco. Na actualidade é directora do Instituto Cervantes de Nápoles.
A obra de Castro, desde os seus poemarios de extrema xuventude —Odisea definitiva: Libro póstumo foi publicado cando apenas tiña 18 anos— fai súa a busca dunha linguaxe que sirva para nomear o corpo, expulsar cuestións enquistadas e recuperar por fin a voz. En La fortaleza o universo de Castro recupérase case tres lustros despois para emprender un diálogo co paso do tempo sobre os propios versos. Vista en perspectiva, a súa obra resignifícase e fai propias as batallas lingüísticas ás que a autora se anticipou e que, co paso dos anos, foron vertebrándose no corazón das palabras.
- Mércores
- Ver máis
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
A luz que imaxinamos
VOSE
-
-
Queer
VOSE