Cinema

Participa no LUX Audience Award 2024

Unha tempada máis os LUX Audience Award premian os filmes europeos que mellor representan os retos e problemáticas da nosa sociedade. Velaquí tes as cinco finalistas ao galardón que se vai outorgar en 2024. Coa túa paticipación podes gañar unha viaxe ao Parlamento Europeo!

O mundo do ensino, a diversidade sexual e de xénero, o feminismo e a sororidade ou a xestión da saúde mental son algúns dos cruciais temas atixindos polas cinco finalistas aos LUX Audience Award, o premio que o público europeo outorga co seu voto aos filmes máis relevantes do continente. Se participar co teu voto optarás a unha viaxe ao Parlamento Europeo. Tes até o 15 de novembro para achegar a túa puntuación a través desta plataforma: https://rating.luxaward.eu/en/.

Dos cinco filmes finalistas, coñecemos ben a vasca 20.000 especies de abejas de Estíbaliz Urresola Solaguren que xa pasou pola nosa pantalla. Agardamos con máxima emoción a nova creación de Aki Kaurismäki, Fallen Leaves, cuxa estrea está programada para finais de ano e a alemá Sala de profesores, con data estimada de estrea para inicios de 2024. Os outros dous finalistas, por agora sen estrea confirmada en España, son a estonia Smoke Sauna Sisterhood, de Anna Hints, e a francesa En el Adamant, de Nicolas Philibert.

O #LUXAudienceAward é unha iniciativa do Parlamento Europeo, programa MEDIA Europa Creativa, Europa Cinemas e a Academia do Cinema Europeo.