Cinema

Consegue un 5% de desconto na Libraría coa túa entrada de «A novelista e o seu filme»

A nova alfaia do coreano Hong Sang-soo ten un premio moi especial! Ao presentar a túa entrada no acceso á sesión de A novelista e o seu filme recibirás de agasallo un marcapáxinas de edición limitada que dá dereito a un 5% de desconto nas túas compras da Libraría NUMAX. Unha oferta en colaboración con Atalante Cinema válida até o 31 de xaneiro.

O novo filme de Hong Sang-soo ten como protagonistas a unha escritora de éxito, unha libreira e unha cineasta, tres amigas que se xuntan a falar sobre as súas incertezas e desexos, na vida e na creación artística. Con esta premisa, A novelista e o seu filme preséntase como o filme perfecto para gozar do cinema na compaña de boas lecturas. Reserva xa a túa entrada e consegue un marcapáxinas de edición limitada para gozar dun 5% de desconto na Libraría antes do 31 de xaneiro.