Margarita Ledo Andión presenta o poemario «Prefiro condenarme» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle o martes 10 de setembro ás 20h00 a presentación do poemario «Prefiro condenarme» (Chan da Pólvora) de Margarita Ledo Andión. A autora estará acompañada do editor Antón Lopo e do ilustrador Luis Moscardó. A entrada é libre ata completar aforo.
Margarita Ledo publicou en 1970, aos dezanove anos, o seu primeiro libro, Parolar cun eu, cun intre, cun inseuto, un poemario sorprendente que editou Xistral e que marcaría o incio dunha das traxectorias creadoras máis singulares das últimas décadas en Galicia. Agora, 55 anos despois, volve os ollos cara ao pasado e atravesa en Prefiro Condenarme, publicado por Chan da Pólvora na súa colección Cova da lontra, a historia da súa poesía. Faino, ademais, cun libro de miradas múltiples para descubrirnos os ángulos menos visibles do poema.
O título, baixo o que se agrupan desde as súas primeiras composicións de xuventude ata os textos máis recentes e característicos do seu estilo, coincide co da súa máis recente película, onde desenvolve en clave documental a idea do amor como insubmisión. Aquí, porén, Prefiro condenarme vólvese memoria accidental dunha frase que lle escoitou á súa nai.
Margarita Ledo Andón é unha das figuras máis relevantes da cultura galega contemporánea, recoñecida co Premio Nacional da Cultura Galega pola Xunta de Galicia en 2008 e que ten destacado como xornalista, escritora, catedrática de comunicación, académica, cineasta e impulsora incansable de proxectos no activismo político e cultural.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Joker: Folie à Deux
VOSE
-
-
-
A substancia
VOSE
-
-
Joker: Folie à Deux
VOSE