Libraría

A docente e investigadora Soliña Barreiro presenta a monografía «La revuelta en la mirada»

A docente María Soliña Barreiro estará o xoves 6 de outubro ás 20:30h na Libraría NUMAX para presentar a monografía «La revuelta en la mirada: Las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años veinte» editada por Prensas de la Universidad de Zaragoza. No acto a autora estará acompañada pola investigadora e cineasta Margarita Ledo. A entrada é libre ata completar aforo.

A editorial Prensas da Universidade de Zaragoza acaba de publicar La revuelta en la mirada: Las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años veinte, da docente María Soliña Barreiro. A investigadora, especializada no cine de vangarda, no cine das orixes e nas representacións visuais do traballo, realiza neste libro unha cartografía da produción fílmica vangardista.

O resultado é unha monografía única sobre cine de vangarda dos anos vinte, enfocando o tema dende a temporalidade como elemento chave da modernidade. Deste xeito, os traballos fílmicos vangardistas serven para comprender a sociedade da época, as sementes da nosa temporalidade e as transformacións do pensamento contemporáneo. Os cineastas de vangarda recorreron a modernidade rescatando as imaxes e os tempos descartados polos discursos visuais e históricos dominantes. Retrataron a pluralidade desas vivencias temporais e, aínda que non construíron un discurso alternativo, dotáronse dun corpo coherente de revolta. No acto de presentación, a autora estará acompañada pola investigadora e cineasta Margarita Ledo. Será o próximo xoves 6 de outubro ás 20:30h da tarde no espazo de Libraría. Para asistir non é preciso reservar praza, a entrada é libre ata completar aforo.

María Soliña Barreiro González é doutora en Comunicación Social pola Universitat Pompeu Fabra e traballa como profesora na Universidade de Santiago de Compostela. É unha investigadora especializada en cine de vangarda, en cine das orixes e nas representacións visuais do traballo.