Presentación de "Metauniversos cotidianos", de Loly Villoch, e #CompostelaEnNegro
NUMAX fai parte un ano máis da campaña #CompostelaEnNegro, con motivo do 25N, Día internacional contra a violencia de xénero. Enmarcada nesta campaña, o 23 de novembro ás 20:30 presentarase na Libraría NUMAX un traballo moi especial: o fotolibro Metauniversos cotidianos, de Loly Villoch.
As fotografías publicadas en Metauniversos cotidianos reflexionan sobre os roles das mulleres e da necesidade de rachar con eles, combinando o fogar e o cotián cun mundo onírico. Segundo a autora explica, trátase “dun xogo entre os espazos macro e micro, unha alegoría das relacións desiguais entre homes e mulleres que se repiten sen importar o lugar no que nos atopemos”.
Loly Villoch está especializada en fotografía creativa e de viaxes. Con nove anos tivo a súa primeira cámara, e sempre gostou de empregar a fotografía como medio expresivo. Formouse con fotógrafos como Fuco Reyes, Gabriel Tizón, Sofía Moro, Estela de Castro ou Alberto García-Alix. Metauniversos cotidianos é a súa primeira publicación de fotografías en solitario. Estará acompañada por Zinnia Maravell.
En relación a estes metauniversos cotiáns, e seguindo coa campaña #CompostelaEnNegro, a artista intervirá o escaparate de NUMAX, que poderedes ver a partir da noite do xoves 23.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE