Libraría

Arranca o ciclo «Futuros» coa presentación de «Al menos tienes trabajo» de Naiara Puertas

A Libraría NUMAX acollerá o ciclo «Futuros. Conversas arredor de outros mundos posibles». Esta actividade comeza coa presentación de Al menos tienes trabajo da xornalista e escritora vasca Naiara Puertas editado por Antipersona. No acto, que terá lugar o próximo xoves 14 de outubro ás 20:00 da tarde, a autora estará acompañada do guionista Antón Varela. 

A xornalista e escritora Naiara Puertas constrúe este ensaio a partir dun meme famoso na rede, no que o protagonista de Ben-Hur rema nunha galera (despois de ter sido preso e convertido en escravo), coa frase "al menos tienes trabajo". Non importa que te queixes das horas extra, de que o salario non che da para vivir ou de que non se cumple o que pon no teu contrato: sempre hai alguén disposto a recordarche que debes estar agradecido por ter traballo. Puertas realiza neste libro unha radiografía ao mercado laboral, na que se pregunta por que temos que estar agradecidos exactamente e por que aguantamos e entregamos cada vez máis aspectos das nosas vidas ao mercado. A autora, que visitará NUMAX o vindeiro xoves 14 de outubro ás 20:00 horas, estará acompañada do guionista Antón Varela.

A presentación ten prazas limitadas e aconséllase facer reserva previa no correo [email protected] Se non podes asistir ou quedas sen praza poderás ver a presentación desde a casa en streaming a través das páxinas de NUMAX en Facebook e Instagram (@numaxcoop).

Naiara Puertas (Donostia, 1984). É periodista de formación e desenvolveu a maioría da súa labor en prensa local, aínda que tamén como case todo o mundo realizou diferentes tarefas no sector servizos, en España e fóra dela. Tamén forma parte do Colectivo Editor de El Salto Diario e antes foi colaboradora en Diagonal. Desde 2012 quéixase e fala de fútbol, política, invasións turísticas, movilidade (in)sostible, expropiaciones e, por suposto, de traballo no blog Domingos en Chandal e na súa conta de Twitter (@enchandal_). Al menos tienes trabajo editado por Antipersona é o seu primeiro libro.