O ciclo «Nocturama» trae a NUMAX filmes de 2016 que non se estrearon en Santiago e clásicos restaurados
A proposta, que vai do 6 de xuño ao 31 de agosto, ofrece unha actividade distinta para as noites deste verán.
O Cinema NUMAX programa para este verán un ciclo que fará máis refrescantes as noites de estío da capital galega. «Nocturama» inclúe, no mes de xuño, filmes de referencia do último ano que non tiveron estrea en Compostela. E para xullo e agosto están programados grandes clásicos da historia do cinema en copias acabadas de restaurar. Sempre de martes a xoves, ás 22:00.
As persoas que veñan ver cinco filmes poderán ir ao sexto de balde (haberá un bono dispoñíbel para tal efecto).
O programa configúrase do seguinte xeito:
XUÑO
Do 6 ao 8 de xuño: A doncela (Park Chan-wook, 2016)
Do 13 ao 15 de xuño: O teu e ti (Hong Sang-soo, 2016)
Do 20 ao 22 de xuño: The Neon Demon (Nicolas Winding Refn, 2016)
Do 27 ao 29 de xuño: Sing Street (John Carney, 2016)
XULLO e AGOSTO
4, 13 e 19 de xullo: Matar un reiseñor (Robert Mulligan, 1962)
5, 11 e 20 de xullo: Lúa nova (Howard Hawks, 1940)
6, 12 e 18 de xullo: A dilixencia (John Ford, 1939)
25 de xullo, 3 e 9 de agosto: O autoestopista (Ida Lupino, 1953)
26 de xullo, 1 e 10 de agosto: O incríbel home minguante (Jack Arnold, 1957)
27 de xullo, 2 e 8 de agosto: O entroido das almas (Herk Harvey, 1962)
15, 24 e 30 de agosto: Recorda (Alfred Hitchcock, 1945)
16, 22 e 31 de agosto: Carta dunha descoñecida (Max Ophüls, 1948)
17, 23 e 29 de agosto: O proceso (Orson Welles, 1962)