Cinema

Nocturama'19: Jim Jarmusch baixo a influencia

Presentámosvos un ano máis a programación de Nocturama, o ciclo de NUMAX para as noites de verán que, neste 2019, leva por título «Jim Jarmusch baixo a influencia», coa proxección das 6 primeiras obras de Jarmusch xunta os filmes que o inspiraron. Do 4 de xuño ao 29 de agosto de martes a xoves. Se vés ver 5 filmes o seguinte sáeche de balde!

Aproveitando a estrea en Cannes de Los muertos no mueren, último filme de Jim Jarmusch, dedicamos o Nocturama de 2019 a mergullarnos na obra e influencias dun dos maiores creadores do cinema independente das últimas décadas. «Jim Jarmusch baixo a influencia» encherá do mellor cinema as noites de verán de NUMAX, coa proxección dos 6 primeiros filmes cos que saltou á fama o director de Ohio (Permanent Vacation, Estraños no paraíso, Down by Law, Mistery Train, Noite na terra e Dead Man) xunto a obras mestras da historia do cinema especialmente inspiradores para Jarmusch.

A pantalla de NUMAX acollerá de martes a xoves obras de autores imprescindíbeis do cinema silente (Buster Keaton, F.W. Murnau), grandes referentes do cinema francés (Jean Vigo, Robert Bresson) e xaponés (Yasujiro Ozu, Akira Kurosawa), mestres de cinema negro e da Serie B (Fritz Lang, Joseph H. Lewis, Nicholas Ray, Samuel Fuller) ou emblemas do cinema moderno (Michelangelo Antonioni, Jean-Luc Godard, John Cassavetes). Unha selección na que abundan as delicatessen e que nos permitirá viaxar polas formas, as historias e os personaxes que modelaron a mirada do noso admirado Jarmusch. Deixamos a continuación o calendario de referencia:

4 e 12 de xuño
Permanent Vacation (Jim Jarmusch, 1980)

5 e 13 de xuño
O moderno Shelock Holmes + Unha semana
(Buster Keaton, 1924 / 1920)

6 e 18 de xuño
A aventura (Michelangelo Antonioni, 1960)

11 e 19 de xuño
Unha muller baixo a influencia (John Cassavetes, 1974)

20 de xuño | 2 de xullo
Estraños no paraíso (Jim Jarmusch, 1984)

25 de xuño | 3 de xullo
Weekend (Jean-Luc Godard, 1967)

26 de xuño | 4 de xullo
Contos de Tokio (Yasujiro Ozu, 1953)

27 de xuño | 9 de xullo
Perversidade (Fritz Lang, 1945)

10 e 24 de xullo
Baixo o peso da lei [Down by Law]
(Jim Jarmusch, 1986)

11 e 23 de xullo
Mouchette
(Robert Bresson, 1967)

15 e 29 de xullo
Os sete samurais
(Akira Kurosawa, 1954)

16 e 25 de xullo
O demo das armas
(Joseph H. Lewis, 1950)

17 e 30 de xullo
O can branco
(Samuel Fuller, 1981)

18 e 31 de xullo
Mistery Train
(Jim Jarmusch, 1989)

1 e 20 de agosto
Os amantes da noite (Nicholas Ray, 1948)

6 e 22 de agosto
Noite na terra (Jim Jarmusch, 1991)

7 e 15 de agosto
Amencer (F. W. Murnau, 1927)

8 e 14 de agosto
Dead Man
(Jim Jarmusch, 1995)

13 e 21 de agosto
L'Atalante
(Jean Vigo, 1934)

27, 28 e 29 de agosto
Proxección dos 3 filmes máis votados polo público