Cinema

Volve NUMAX na Escola!

Cada mes de setembro retomamos con toda a ilusión o noso programa de proxeccións didácticas NUMAX na Escola cun catálogo amplo e renovado de filmes dirixidos aos diferentes niveis educativos, desde infantil e primaria até secundaria e bacharelato.

Educación infantil e primaria

O catálogo para educación infantil e primaria está ordeado en base aos rangos de idade recomendada, con compilacións de curtametraxes para crianzas e primeiros cursos de primaria, e longas de animación especialmente adaptadas para os últimos cursos do ciclo.

Entre as novidades para este 2023-24 destacamos a adaptación ao cinema d'O pequeno Nicolás e grandes éxitos da carteleira como Barbie, Momias ou A viaxe de Ernest e Celestine. Atopamos tamén pezas que poñen en valor a diversidade cultural Vainilla, Yuku e a flor do Himalaia, Hanna y los monstruos, Bill e Janet e outras crónicas marcianas, Dunia e outros contos do mundo—, o tempo do NadalOperación Papá Noel—, ou o respecto á natureza e o medio ambienteTitina, Oink oink, A illa das aves—.

Descarga aquí o catálogo completo para infantil e primaria.

Educación secundaria e bacharelato

No tocante á nosa proposta para os cursos de secundaria e bacharelato, o catálogo está estruturado en base aos seus eixos temáticos, como son a educación en igualdade, o desenvolvemento sostible ou o uso das redes sociais e novos medios entre outros. A actual proposta pódese complementar cos filmes que estreamos na sala durante o curso pasado ou no que está a comezar.

Entre as novas fitas descatamos pezas calificadas polo Ministerio como especialmente axeitadas para o fomento da igualdade de xénero, como son Eterna (Gatta Catana), Barbie ou Matria; obras que poñen valor a diversidade sexual e afectiva Close, 20.000 especies de abejas, Pride (Orgullo); novos logros do cinema galego ou feito en Galicia Unicorn Wars, Os demos de barro, As bestas― ou documentais de natureza como As gardiás do planeta. Todo isto e moito máis pódelo atopar no noso catálogo premendo aquí.

Funcionamento da actividade

Recordámosvos que as proxeccións de NUMAX na Escola realízanse no Cinema NUMAX de Santiago de Compostela (Rúa Concepción Arenal, 9) de luns a venres en horario de mañá —preferentemente entre as 10:00h e as 12:00h— nunha data a convir entre o centro e a sala. O prezo da entrada é de 4€ por alumno/a sempre que haxa un grupo mínimo de 40 persoas.

O Cinema NUMAX fai parte dunha cooperativa cultural de traballo asociado que conta tamén cunha Libraría que traballa acotío con centros educativos. Se vos interesa consultar o catálogo ou reservar libros e DVDs para o voso centro, podedes chamar ao 981 560 250 ou escribir a [email protected]. Para acadar máis información ou reservar unha sesión de NUMAX na Escola podedes escribir a [email protected] ou chamar ao 698 170 377.

Agardámosvos!