Libraría

NUMAX únese ao Día das Librarías con descontos do 5% o martes 11 de novembro!

O martes 11 de novembro a libraría NUMAX ofrecerá un desconto do 5% en todas as compras de libros tanto en tenda como na web para conmemorar o Día das Librarías. Tamén o celebraremos coa presentación de Corpus (Através) de Raquel Miragaia.

Unha oportunidade para que as e os lectores/as se acheguen e gozen dun día de celebración especial para todas as librarías independentes do Estado Español. Pasa por NUMAX para escoller o teu libro, descubrir novas historias ou deixarte levar polas recomendacións da túa libraria de confianza. 

CEGAL (Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros) quere celebrar no Día das Librarías estes espazos que nos invitan a ler, descubrir e atoparnos. Grazas ao traballo das libreiras e libreiros, que con paciencia e dedicación regan historias, ideas e soños, a imaxinación medra e fai florecer a toda a comunidade lectora. Cada historia na libraría encéndese como un lucecús que ilumina a curiosidade e o desexo de aprender.