A ilustradora Nuria Díaz presenta «El Gran Hotel Wes Anderson»
A ilustradora Nuria Díaz estará na Libraría NUMAX, acompañada da deseñadora Raquel Boo e do editor de Lunwerg Editores Javier Ortega, para falar do libro El Gran Hotel Wes Anderson, que acaba de saír do prelo. A presentación será o vindeiro mércores 12 de decembro ás 20:00 e acompañarase con imaxes e vídeos do traballo da artista.
A Nuria Díaz (Vilagarcía de Arousa, 1982) de pequena encantáballe inventar historias e debuxalas. Unha paixón que nunca abandonou e que converteu en profesión. Estudou Belas Artes e encamiñou a súa traxectoria cara o deseño gráfico. Ademais de traballar para o sector editorial, aplica os seus deseños a produtos orixinais.
"El Gran Hotel Wes Anderson" é un libro tributo que celebra a desbordante creatividade dun dos directores de cinema máis orixinais das últimas décadas. A través das inconfundibles ilustracións de Nuria Díaz, repasamos a vida de Wes Anderson, así como os temas, personaxes e escenarios que conforman o universo visual dun cineasta de culto.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Nai
VOSE
-
-
-
Queer
VOSE
-
-
A luz que imaxinamos
VOSE
-
-
Parthenope
VOSE