Volven «Os ollos verdes» con estreas inéditas e retrospectivas a grandes cineastas
Co regreso do curso lectivo retomamos o noso ciclo Os ollos verdes que, neste arranque de outono, inclúe a estrea de filmes inéditos en salas españolas e retrospectivas como a de Aki Kaurimäki. Recorda que se estudas na USC e te anotas ao ciclo gozarás de tarifa reducida e poderás obter 1 crédito ECTS.
O ciclo Os ollos verdes, o cinema inédito de NUMAX é unha das nosas marcas de identidade, coa estrea na nosa carteleira de filmes diferentes, arriscados e anovadores que, por diferentes motivos, non contaron con estrea en salas españolas ou contan cunha exhibición moi reducida. Ademais, tamén computan dentro do ciclo a asistencia a retrospectivas que nos mergullan na obra de cineastas claves do cinema clásico, moderno ou contemporáneo.
Un curso máis, e grazas ao acordo coa Universidade de Santiago de Compostela, o estudantado universitario que se anote no ciclo, asista a un mínimo de 12 proxeccións no curso e realice un traballo final, poderá acadar 1 crédito ECTS. Coa tarxeta do ciclo selada o acceso ás sesións ten tamén tarifa reducida (4€). Velaquí as citas co ciclo Os ollos verdes no mes de setembro:
- O movimento das coisas: (Manuela Serra, 1985).
Este abraiante retrato dunha aldea situada nas beiras do río Limia é a única obra dirixida por Manuela Serra. Unha alfaia do cinema portugués de 1985 que recuperamos en copia restaurada e estreamos por vez priomeira en salas españolas. En cartel desde o 17 de setembro.
- Retrospectiva Aki Kaurismäki
Repaso (case completo) á obra do xenial director finés. Durante o mes de setembro estrearemos Sombras no paraíso, Hamlet métese a home de negocios, Ariel e Leningrad Cowboys Go America-
Para recibir máis información escribe a [email protected].