Tsai Ming-liang e rap en gaélico irlandés na reapertura do ciclo Os ollos verdes
Coa chegada do novo curso universitario recuperamos tamén o programa Os ollos verdes que permite ao estudantado da USC anotado no ciclo acadar 1 crédito ECTS. Comezamos con Albergando a nada, aposta de cinema radical do taiwanés Tsai Ming-liang, e Kneecap, reivindicación do gaélico irlandés a través da música urbana.
A rentrée d'Os ollos verdes terá lugar esta semana coa estrea de Albergando a nada, unha obra radical e contracultural que filma un monxe vestido de vermello a camiñar polas rúas de Washington D.C. a un ritmo extraordinariamente lento. Unha obra radical e contracultural que nos propón outro ritmo de vida, asinado polo taiwanés Tsai Ming-liang, un dos cineastas máis audaces do panorama contemporáneo, que xa nos conquistou con Good Bye Dragon Inn (2003) e Rizi (Days) (2020). O filme terá pases diarios do venres 20 ao luns 24 de setembro.
A partir desta singularísima estrea, o ciclo regresa ás noites dos luns, o seu lugar habitual na nosa grella. Precisamente este luns 24 proxectamos Kneecap, luminosa proposta dirixida por Rich Peppiatt e protagonizada por Michael Fassbender. O filme está protagonizado por un grupo de rapaces anárquicos e salvaxes que reivindican o gaélico irlandés montando unha banda de rap.
Os ollos verdes, focos e retrospectivas
Desde a apertura de NUMAX as propostas máis tolas e anovadoras teñen un nome: Os ollos verdes. Baixo este selo incluímos pases especiais e estreas alternativas que nos permiten albiscar novos camiños para a linguaxe do cinema. Ademais, grazas á colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, o seu estudantado por obter 1 crédito participando da actividade. Para isto só tes que solicitar a tarxeta do ciclo na billeteira da sala e solicitar o selado de cada filme do ciclo. Ao completar 12 visionados e realizar un traballo posterior sobre calquera dos aspectos do programa o crédito será teu. Ademais, amosando a tarxeta Os ollos verdes poderás gozar dunha entrada especial reducida de 4€.
Recorda que, ademais dos títulos incluídos propiamente no ciclo Os ollos verdes, tamén computan para a obtención do crédito os diferentes focos e retrospectivas que adoitan acompañar a nosa programación. No caso desta semana, tamén podes selar a tarxeta do ciclo coa túa entrada de Faces (In memoriam Gena Rowlands) e Pickpocket (Robert Bresson).
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
As margaridas
VOSE
-
-
No Other Land
VOSE
-
-
Emilia Pérez
VOSE
-
-
Bird
VOSG