Pablo Pesado presenta «Depósitos de ancestralidade» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Depósitos de ancestralidade. História crítica do realismo mágico galego (Laiovento. Coleção de Ensaio Crítico Galego de Clara Corbelhe) de Pablo Pesado o venres 20 de febreiro ás 19:00h. O autor estará acompañado pola escritora Helena Miguélez-Carballeira. A entrada é libre ata completar aforo.
«Iso é realismo máxico galego!». Esta frase, repetida ata converterse nun lugar común, suxire que en Galiza a fantasía brota da terra como unha forza natural. Pero e se esta idea, lonxe de ser unha verdade ancestral, fose en realidade unha sofisticada construción cultural? Pablo Pesado emprende en Depósitos de ancestralidade unha viaxe de deconstrución histórica para demostrar que o realismo máxico galego foi un fenómeno importado, mediado e funcional a intereses políticos e literarios moi concretos.
Cun rigor excepcional, este ensaio desvela o mecanismo central desta operación: o «depósito de ancestralidade», a conversión dunha cultura subalterna nunha mina de recursos exóticos para o mercado. Pesado sitúa a orixe desta invención na ansiedade do campo literario español ante o arroiador éxito do boom latinoamericano. Na súa procura dun Cen anos de soidade propio, atopou en Galiza o «outro interno» perfecto. O libro analiza maxistralmente como a figura de Álvaro Cunqueiro foi estratexicamente reinventada como precursor e como La saga/fuga de J. B. de Torrente Ballester erixiuse na resposta paródica e monumental que o sistema necesitaba.
Máis aló da análise literaria, Depósitos de ancestralidade é unha historia crítica das relacións entre cultura e poder. A investigación penétrase na década dos oitenta para mostrar como esta poética converteuse no modelo hexemónico da narrativa galega durante a autonomía, en sintonía co proxecto da «Nación de nacións». Pesado asina unha obra valente e fundamental que non só desmonta un mito, senón que ilumina as formas en que a dominación se traduce en cultura, ofrecendo claves indispensables para comprender os debates sobre a identidade e a plurinacionalidade na España contemporánea.
Pablo Pesado (Santiago de Compostela) é investigador em Estudos da Literatura e da Cultura, especializado na análise marxista e sociológica dos campos literários e nos processos de perda de autonomia na literatura contemporânea, com especial atenção ao sistema galego. Professor de Língua e Literatura Galega, desenvolveu estadias de investigação em centros internacionais de referência. É autor de estudos sobre realismo mágico, extrativismo cultural e relações entre literatura, poder e mercado. Em 2023 publicou a novela Gastrulación (Boadicea, 2023).
Fotografía: Andrés Currás
- Hoxe
- Ver máis
-
-
A rapaza zurda
VOSE
-
-
360 curvas
VO
-
-
Hamnet
VOSE