Libraría

Paloma de Toro presenta o conto «A receita do queixo lunar» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle o vindeiro sábado 27 de novembro a presentación do libro infantil, «A receita do queixo lunar» de Paloma de Toro editado por Galaxia Editorial. A actividade será ás 18.00h da tarde e contará cunha pequena actuación musical de Éric Dopazo.

No libro A receita do queixo lunar contase a historia da queixeira Petroski, unha persoa que vive na lúa e que traballa arreo facendo queixos. Nas noites de lúa chea fai queixos redondos, nas noites de lúa crecente fai metades de queixo, e nas noites de lúa decrecente fai metades de queixo e dálles a volta. Cando hai lúa nova descansa. Esta historia, que conta con ilustracións de Nuria Díaz e que está editada por Galaxia, presentarase o próximo sábado 27 de novembro ás 18.00h no espazo da libraría. A presentación contará coa autora, Paloma de Toro, e a actuación de musical de Éric Dopazo.

Para asistir ao acto é preciso reservar praza no correo [email protected] Se non podes asistir ou quedas sen praza poderás ver a presentación desde a casa en streaming a través das nosas redes sociais en Facebook e Instagram Live (@numaxcoop).

Paloma de Toro (1985) é mestra de inglés. Foi a gañadora do certame Microrrelatos da Real Academia Galega co texto Non te gastes. Tamén colaborou cun texto para a publicación Manifesto 25 N da editorial Alvarellos. A receita do queixo lunar é o súa primeira publicación en solitario.