Pedro Feijoo escribe un relato para o Tac, tac, tac de xullo
O martes 4 de xullo a partir das 19:30 celebraremos unha nova sesión do Tac, tac, tac que a Libraría NUMAX organiza cada mes. Esta vez será o turno do escritor Pedro Feijoo, cuxa última novela, Os fillos do lume foi o título máis vendido nas listas da literatura galega das pasadas semanas, seguido de Os fillos do mar.
Un escritor ou escritora, tras escribilo en directo, deixa o seu texto mecanografado na mesa situada ao pé do escaparate da libraría. Nesta ocasión será Pedro Feijoo quen relevará a anterior convidada, Susana Aríns, para deixar escrito un novo relato que só se poderá ler durante un mes no espazo físico da libraría NUMAX. Ademais da escrita en directo do texto, Feijoo manterá unha conversa co público para falarnos dos seus procesos creativos.
Tac, tac, tac, "Un conto, nun lugar, nun límite de tempo" naceu en febreiro a proposta do escritor Suso de Toro. Trátase dunha actividade literaria que busca preservar a experiencia analóxica na produción e lectura do texto literario. Os escritores e escritoras convidados teñen a misión de mecanografar un texto na propia libraría que quedará durante un mes no escritorio instalado para a ocasión. Ademais da escrita en directo do texto, Feijoo manterá unha conversa co público para falarnos dos seus procesos creativos.
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor. Exerceu profesionalmente como músico, levando a cabo unha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos (Los Feliz, Lamatumbá).
Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro, “Cousas do «Galicia», por Castelao” (1997), ao que seguiu a crónica “Viva o Fu Remol!” (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas, todas elas traducidas ao castelán: “Os fillos do mar” (Xerais, 2012), Premio «Arcebispo Juan de San Clemente» 2013; “A memoria da choiva” (Xerais, 2013), Premio «Arcebispo Juan de San Clemente» 2015; “Morena, perigosa e románica” (Xerais, 2015); e “Os fillos do lume” (Xerais, 2017). Ademais, publicou o relato «O segredo do viaduto» no libro “XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos” (Xerais, 2012).
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE