Cinema

Petís NUMAX volve nas vacacións de Semana Santa con dúas novas estreas

Xa están aquí as vacacións de Semana Santa e en NUMAX non nos esquecemos das petís da casa, con dúas estupendas estreas sobre o valor da compañeirismo e a necesidade de coidar a quen máis queremos: Superverme e Zog e os doutores voadores.

9, 10 e 14 de abril | Superverme
A primeira das citas co cinema Petís preséntanos un superheroe do máis divertido. Longo, forte e con sorprendentes habilidades, Superverme será quen de axudar a arañas e sapos a saír das peores das situacións. Pero quen o vai rescatar cando sexa capturado polo lagarto? Un filme encantador, dos creadores d'O grúfalo, acompañado de catro pequenas historias sobre a amizade e o compañeirismo: Papá batería, Bemol, A extraordinaria historia de Bruna e Mishou. Velaquí un adianto.
 



15 e 17 de abril | Zog e os doutores voadores
A princesa Perla, o cabaleiro Gadabout e o dragón Zog forman un equipo de doutores moi entregados. Porén, o rei, tío de Perla, desconfía das capacidades da súa sobriña e non acepta que quixera ser médica. Conseguirán os doutores voadores facerse valer ante o rei? Xunto a Zog virán outras catro historias sobre a liberdade de elección e a necesidade de coidar dos nosos seres queridos: O señor da maceira, O paxariño e as abellas, O paxaro e a balea e O paxaro verde. Bótalle un ollo ao tráiler.
 

Ambas fitas serán proxectadas na súa versión dobrada ao castelán e están pensadas para crianzas de tres anos en diante. Os nenos e nenas terán unha tarifa especial reducida de 4€. Entre as persoas que merquen a súa entrada para as proxeccións sortearase uns packs de bolsa de tea e libreta dos filmes.