Libraría

Pilar G. Rego presenta «WAR IS OVER» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro WAR IS OVER (Medulia) de Pilar G. Rego o vindeiro martes 4 de xuño ás 19h00. A autora estará acompañada pola ilustradora Carme Ayala, o arqueólogo David Barreiro e contará coa compañía musical de Yolanda Porto e Cesar Parcero. A entrada é libre ata completar aforo.

...que tamén podería ser War is over? é unha conversa, un diálogo poético, cunha cidade esgotada. A autora parte, neste caso dunha Compostela mallada, deformada e case irrecoñecible para os que un día a amaron e a viviron. Pode ser Compostela, santa e puta, máis pode ser calquera outro lugar, outra urbe, outra vila, cegada pola pedrería do turimso, polas flores en fila e polas lavadoras xigantes.

Pilar G. Rego (Teo. 1966) é comunicadora na TVG desde o ano 89. Traballou en programas culturais como Cousas da Lingua, Alalá, No bico un cantar e, desde hai varias tempadas, conduce o Zigzag Diario na G2. Na escrita, foi guionista e editora en varias series de ficción, entre elas, Rías Baixas, Libro de Familia ou O Faro. Publicou en 2019 o seu primeiro poemario, Sandalias verdes zapatou azuis e cans negros (Xerais) e no 2021 publicou Humanario (Galaxia). WAR IS OVER (Medulia) é o seu terceiro poemario.