Pol Guasch presenta «En las manos, el paraíso quema» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de En las manos, el paraíso quema (Anagrama) de Pol Guasch o vindeiro mércores 5 de xuño ás 19h00. O autor estará acompañado polas poetas Chus Pato e Jesús Castro Yáñez. A entrada é libre ata completar aforo.
Efervescencia e nostalxia: unha novela sobre a amizade nun mundo abocado ao colapso.
Rita vive na Colonia, no alto dunha montaña onde homes cansos baleiran unha mina que se esgota. Desde alí, contempla o pobo afundido no val, e os bosques que, de súpeto, empezan a arder. Líton, que medrou na cidade, apaga os lumes cos demais mozos do Servizo.
Esta novela segue a historia dos dous amigos: a infancia en contextos opostos, o descubrimento do desexo, os seus amores con Fèlix e René –e a nostalxia dun futuro que xa non será–. Xuntos viven a emancipación e a efervescencia festiva da vintena, pero tamén as servidumes da familia e dunha época marcada pola extinción: como será o zumbido dunha abella? Nun mundo que se dirixe ao colapso, onde a vida non se pode vivir, Rita e Líton converten a amizade nunha conxura pcara pensar un universo habitable.
Pol Guasch escribiu un libro no que cada dose de dor ten o seu reverso fulgurante, e cada desenlace augura un novo comezo. Desordenada como a memoria, escura e luminosa ao mesmo tempo, En las manos, el paraíso quema é melancólica como só pode selo asistir ao fundido a negro da mocidade do mundo.
Pol Guasch (Tarragona, 1997) é autor de Napalm en el corazón (Premio Llibres Anagrama de Novela 2021), que foi traducido ao castelán, ao inglés, ao francés, ao alemán e ao italiano, entre outros idiomas: «Un mundo de desexo e supervivencia, o despois da apocalipse marcado por diferentes linguas, unha represión difícil de identificar e unha escrita tan misteriosa como bela» (Mariana Enriquez). Escribiu os libros de poemas Tanta gana (Premio Francesc Garriga 2018) e La parte del fuego (Premio López-Picó 2021). En 2022 recibiu o Premio Talento a bordo do Festival Eñe de Madrid e o Premio 42 Revelación en catalán. A súa última novela é En las manos, el paraíso quema (Anagrama, 2024).
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
As margaridas
VOSE
-
-
No Other Land
VOSE
-
-
Emilia Pérez
VOSE
-
-
Bird
VOSG