Libraría

O escritor e político Alberto Lema presenta «Pazo de inverno» en NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación da novela «Pazo de inverno» de Alberto Lema, premiada co García Barros 2021 e editada por Galaxia. Na presentación, que terá lugar o xoves 10 de febreiro ás 19.30h da tarde, o autor estará acompañado da crítica literaria Ana Salgado, o editor Carlos Lema e a escritora e bailarina Branca Novoneyra.

O xurado do Premio García Barros destaba da novela de Alberto Lema “a súa capacidade para recrear unha ficción coas loitas de poder e os fíos que se tecen entre política, xornalismo e esferas empresariais, achegando ao lector sen pretendelo a un retrato dun período político moi recente na historia galega”. Deste xeito, Pazo de inverno lévanos a un lugar chamado Faro e introdúcenos nas engranaxes da política e da administración local, facendo un retrato da paisaxe social, dos conflictos e intereses desta cidade. O autor estará acompañado na presentación do xoves día 10 de febreiro ás 19.30h da crítica literaria Ana Salgado, o editor Carlos Lema e a escritora Branca Novoneyra.  

Para asistir ao acto é preciso reservar praza no correo [email protected]. Se non podes asistir ou quedas sen praza poderás ver a presentación desde a casa en streaming a través das nosas redes sociais en Facebook e Instagram Live (@numaxcoop).

Alberto Lema (Bamiro, Vimianzo, 1975) é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago. Presentouse ás eleccións municipais de 2015 na Coruña pola Marea Atlántica e foi elixido concelleiro e nomeado cuarto tenente de alcalde, facéndose cargo das concellerías de emprego e economía social. Repetiu candidatura polo mesmo partido en 2019. É autor do poemario Plan de fuga (2008) e dos libros de narrativa Unha puta percorre Europa (2008), Sidecar (2009) Premio Ánxel Casal, Da máquina (2012) e Pazo de inverno (2021), nomeado co Premio García Barros.